Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación de dous contratos administrativos no exercicio 2003.

Asistencia técnica consistente no desenvolvemento de aplicacións destinadas a novos proxectos nas seguintes áreas: Nómina, Notarías, Xeito2 e Xumco2.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do CIXTEC.

c) Número de expediente: 17/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: asistencia técnica consistente no desenvolvemento de aplicacións destinadas a novos proxectos nas seguintes áreas: Nómina, Notarías, Xeito2 e Xumco2.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia: día 11 de agosto de 2003; Boletín Oficial del Estado: 1 de agosto de 2003; Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 9 de xullo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: un millón douscentos vintetrés mil douscentos vinte euros (1.223.220 A), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 26 de setembro de 2003.

b) Contratista: Drintel, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón douscentos vintetrés mil douscentos vinte euros (1.223.220 A), IVE incluído.

Adquisición de licencias Windows con destino ó CIXTEC.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do CIXTEC.

c) Número de expediente: 25/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración de licencias Windows con destino ó Cixtec.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia: día 12 de setembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cento trinta e cinco mil setecentos sesenta e seis euros (135.766 A), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 14 de outubro de 2003.

b) Contratista: Coremain, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento vinteún mil trescentos setenta e catro euros e oitenta céntimos (121.374,80 A), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a

Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable