Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 28 de outubro de 2003 de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador DH.D15.16042.

Por medio deste edicto faise saber que por parte do instructor de Augas de Galicia se dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontran ó seu dispor nas oficinas do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte do organismo autónomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao Fdez. Flórez 1-2º), durante o prazo de alegacións que a seguir se indica.

En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.

A Coruña, 28 de outubro de 2003.

Luis Villarroya Lozano

Instructor

ANEXO

Expediente número: DH.D15.16042.

Persoa interesada: Pablo Carrasco Gonzalo.

Domicilio que consta no expediente: As Mariñas s/n, 15173 Oleiros.

Acto administrativo: proposta de resolución de data 26-9-2003.

Preceptos infrinxidos: art. 316 d) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Sanción proposta: 12.020 A.

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE