Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Residencias Plan Galego de Persoas Maiores-Igape.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Residencias Plan Galego de Persoas Maiores-Igape que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas sociedades acollidas ás axudas financeiras do Igape.

Asinan a acta de constitución: Andrés Varela Vilariño, en calidade de secretario da referida asociación, avalada co visto e prace da presidenta, Josefina Fernández Miguélez.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais