Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos por Manuel Vieites Garaboa, en representación de Gumersinda Garaboa Veiras e Antonio Cao Golpe, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Visantoña (Mesía-A Coruña), devoltas polo servicio de correos.

Por esta resolución, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselles ós interesados que teñen os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran nos anexos, a parte dispositiva das resolucións dos recursos de alzada interpostos por Manuel Vieites Garaboa en representación de Gumersinda Garaboa Veiras e Antonio Cao Golpe contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Visantoña (Mesía-A Coruña).

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO I

Destinatario: Ramón Gómez Cao.

Enderezo: Visantoña, 15689 Mesía (A Coruña).

Texto: estimar en parte o recurso de alzada interposto por Manuel Vieites Garaboa, en representación de Gumersinda Garaboa Veiras (prop. 86), contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Visantoña (Mesía-A Coruña), no sentido de trazar un camiño polo extremo oeste do predio nº 592, continuando polo norte do predio nº 582, ata rematar no predio nº 596 do polígono 4, co que resultan afectados os seguintes lotes de substitución:

-O nº 591, de José Rico Bascoy (prop. nº 332), que queda cunha superfice de 24-55 áreas e un valor de 1.841,25 puntos.

-O nº 592, de Manuel Carro Vázquez e outro (prop. nº 62), que queda cunha superficie de 78-20 áreas e un valor de 5.865 puntos.

-O nº 582, de Gumersinda Garaboa Veiras (prop. nº 86), que queda cunha superficie de 4-37-70 ha e un valor de 12.355 puntos.

-O nº 581, de José Manuel Rico Gómez (prop. nº 333), que queda cunha superficie de 53-80 áreas e un valor de 1.362,50 puntos.

-O nº 580, de José Blanco Gómez (prop. nº 565), que queda cunha superficie de 27-05 áreas e un valor de 739 puntos.

-O nº 579, de Ramón Gómez Cao (prop. nº 98), que queda cunha superficie de 6-00 áreas e un valor de 178,50 puntos.

-O nº 578, incluído na relación de propietarios descoñecidos (prop. nº 800), que queda cunha superficie de 54-80 áreas e un valor de 1.644, 00 puntos (de M-4).

ANEXO II

Destinatario: José Blanco Gómez.

Enderezo: Visantoña, 15689 Mesía (A Coruña).

Texto: estimar en parte o recurso de alzada interposto por Manuel Vieites Garaboa, en representación de Gumersinda Garaboa Veiras (prop. 86), contra

o acordo de concentración parcelaria da zona de Visantoña (Mesía-A Coruña), no sentido de trazar un camiño polo extremo oeste do predio nº 592, continuando polo norte do predio nº 582, ata rematar no predio nº 596 do polígono 4, co que resultan afectados os seguintes lotes de substitución:

-O nº 591, de José Rico Bascoy (prop. nº 332), que queda cunha superfice de 24-55 áreas e un valor de 1.841,25 puntos.

-O nº 592, de Manuel Carro Vázquez e outro (prop. nº 62), que queda cunha superficie de 78-20 áreas e un valor de 5.865 puntos.

-O nº 582, de Gumersinda Garaboa Veiras (prop. nº 86), que queda cunha superficie de 4-37-70 ha e un valor de 12.355 puntos.

-O nº 581, de José Manuel Rico Gómez (prop. nº 333), que queda cunha superficie de 53-80 áreas e un valor de 1.362,50 puntos.

-O nº 580, de José Blanco Gómez (prop. nº 565), que queda cunha superficie de 27-05 áreas e un valor de 739 puntos.

-O nº 579, de Ramón Gómez Cao (prop. nº 98), que queda cunha superficie de 6-00 áreas e un valor de 178,50 puntos.

-O nº 578, incluído na relación de propietarios descoñecidos (prop. nº 800), que queda cunha superficie de 54-80 áreas e un valor de 1.644, 00 puntos (de M-4).

ANEXO III

Destinatario: José Candal Caraboa.

Enderezo: Visantoña, 15689 Mesía (A Coruña).

Texto: estima-lo recurso de alzada interposto por Antonio Cao Golpe (prop. nº 55) contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Visantoña (Mesía-A Coruña), no sentido de:

* Agregar ó predio nº 607 do polígono 4, de Antonio Cao Golpe (prop. nº 55), a substitución (co que aquel linda polo seu extremo nordés) nº 606, de José Candal Garaboa, que desaparece como tal, e o mesmo sucede coa servidume de paso permanente que discorre sobre o extremo norte do predio nº 607. Como consecuencia do anterior, este último predio (nº 607) pasa a dispoñer dunha superficie de 1-03-90 ha e un valor de 4.156 puntos.

* Agregar, á custa da terra sobrante nº 144 (resultante das modificacións introducidas na resolución do recurso de alzada interposto por Marciano Rioboó Sánchez ), unha franxa de terreo por parte do extremo oeste do predio nº 139 do polígono 1, de José Candal Garaboa (prop. nº 489), que pasa a dispoñer dunha superficie de 1-21-85 e un valor de 2.595 puntos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recep

ción desta, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO