Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: R.B.T. Vilartote.
Situación: Cervantes.
Descricións técnicas:
-R.B.T. aérea con 2,2 km de lonxitude con orixe en C.T. existente da Estrada, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 10 de outubro de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA
E DESENVOLVEMENTO RURAL