Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.380

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (229/2003).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela dá fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 229/2003 acordouse citar a José Antonio Sampayo Figueira.

«Cédula de citación.

O maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela acordou citalo a vostede co fin de que o próximo día dous de decembro ás 12.45 horas, asista na sala de vistas tres 1ª planta á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por ameazas, en calidade de denunciado.

Fáiselles saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercibíndoo que de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impoñérselle unha multa, parándoo o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar a outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivera, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

En Santiago de Compostela, vintedous de outubro de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado».

E para que conste e sirva de citación a José Antonio Sampayo Figueira, actualmente en paradoiro descoñecido e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, vintedous de outubro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado