Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.380

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (486/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber

que nos autos nº 486/2003 seguidos por instancia de Lucía Andrade Recarey contra a empresa Cartex 2001, S.L., anteriormente Jesús Otero Vidal e anteriormente Chiquicruz, S.L. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés ditou sentencia, con data do 18 de outubro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Lucía Andrade Recarey, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 2.537,65 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno á empresa Cartex 2001, S.L. a que estando e pasando por tal declaración lle aboe ó actor a cantidade de 2.537,65 euros en concepto de salarios.

E debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidad subsidiaria nos casos prevenidos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentancia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou presentante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia por comparecencia ou por escrito das partes.

É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, o ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Cartex 2001, S.L., anteriormente Jesús Otero Vidal, anteriormente Chiquicruz, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Pedro Monteagudo, 11 baixo, Arteixo, A Coruña, a primeira, e as outras dúas en r/ Domingo de Andrade, 2, Arteixo, A Coruña; e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 18 de outubro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA