Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.380

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (162/2003-S).

Carmen Calvo Alonso, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña.

Nos autos de xuízo de calquera clase de asunto nº 162/2003-S sobre reclamación cantidade, coas partes que se mencionarán, dictouse a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia.-Na Coruña, vinteún de maio de dous mil tres, vistos polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove desta cidade Pablo González-Carreró Fojón, os presentes autos de xuízo de desafiuzamento nº 162/2003-S, promovidos como parte demandante por José Ramón Suárez Agra Gómez representado pola procuradora Carmen Camba Méndez contra Félix Ignacio Blas Gallego, declarado en rebeldía, en primeira sentencia, díctase en nome de El-Rei a seguinte: (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Dictamino.-Que estimando integramente a demanda deducida pola procuradora Carmen Camba Méndez en nome e representación de José-Ramón Suárez Agra Gómez contra Félix Ignacio Blas Gallego, en situación procesual de rebeldía, declaro resuelto por falta da renda o contrato de arrendamento que ligaba ás partes sobre o piso 3º do edificio nº 26 da rúa Brasil desta cidade; condeno ó demandado a que no prazo legal desaloxe e deixe libre a expresada vivenda, cos seus mobles e os seus anexos, baixo apercibimento de lanzamento se así non o fixera. Impóñolle ó demandado as custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña que deberá prepararse ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro. Non se admitirá ningún recurso á parte demandada se ó preparalo non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que de acordo co contrato deba pagar adiantadas.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúnciao, mándao e asínao Pablo González-Carreró Fojón. Seguen sinaturas e rúbricas.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde e para a súa inserción no DOG e o taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino este edicto na Coruña, once de xullo de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA