Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.378

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2003 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas, a María Jesús Nieto Sánchez (praza 147/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta uni

versidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/147 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas desta universidade, a favor de María Jesús Nieto Sánchez, e unha vez que a interesada acreditara os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Jesús Nieto Sánchez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas desta universidade.

A Coruña, 30 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións