Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.378

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2003 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, a José Manuel Gallego Jorreto (praza 238/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 30 de novembro de 2001 (BOE do 14 de decembro), para a provisión da praza número 01/238 de catedrático de universidade da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo desta universidade, a favor de José Manuel Gallego Jorreto, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Manuel Gallego Jorreto, catedrático de universidade da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo desta universidade.

A Coruña, 31 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións