Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.377

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 14 de novembro de 2003 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciado pola Orde do 6 de outubro de 2003.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada por Orde do 6 de outubro de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 202, do 17 de outubro), de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profe

sional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 6 de outubro de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 202, do 17 de outubro).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar ó funcionario que se relaciona no anexo I desta orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposicións perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

Apelidos e nome: Ornilla Guillamón, Ana.

NRP: 1494843702 A2060.

Grupo: A.

Corpo/Escala: superior.

Código do posto: MA.A01.00.000.15770.001.

Denominación do posto: secretario/a xeral.

Centro de destino: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 30.