Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.369

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncian os postos de traballo vacantes que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 13 de novembro).

De conformidade co establecido na base décimo segunda e trixésimo cuarta da Orde do 4 de novembro de 2003 (DOG do 13 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Anuncia-los postos de traballo vacantes que serán obxecto de provisión no concurso de traslados que se cita e que figuran no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal