Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.369

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2003 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o ano 2003 do Programa de empresas en crise. Axudas de reestructuración. Subvención a fondo perdido.

As bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas mediante resolución da directora xeral do Igape do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), para o programa de salvamento e reestructuración de empresas en crise, prevén o establecemento de compromisos plurianuais dentro dos límites autorizados.

Con data do 27 de decembro, o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comuni

dade Autónoma de Galicia para o ano 2003, publicados mediante Lei 6/2002 (DOG nº 251, do 30 de decembro). Por outra parte, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 20 de marzo de 2003, autorizou os límites de plurianualidades do Instituto Galego de Promoción Económica.

Analizadas as necesidades de fondos e co obxecto de lles dar resposta ós proxectos, faise necesario amplia-lo límite de crédito reservado.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Facer pública, de acordo co importe que se relaciona a continuación, a ampliación do límite de crédito dispoñible para o ano 2003 do Programa de empresas en crise. Axudas de reestructuración. Subvención a fondo perdido, que queda co límite seguinte:

Partida orzamentaria: 02.01-13/02/01.

Finalidade: Programa de empresas en crise. Axudas de reestructuración. Subvención a fondo perdido.

Límite dispoñible 2003: 445.909,02 A.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica