Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.368

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria de rectificación do artigo 13º do convenio colectivo do sector de empresas exportadoras de peixe fresco.

Vista a acta da comisión paritaria do 26-9-2003, pola que se acorda rectifica-lo texto do parágrafo segundo do artigo 13º do convenio colectivo do sector de empresas exportadoras de peixe fresco, con nº de código 3600615, e de conformidade co disposto

no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación á comisión paritaria do convenio.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de outubro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Reunión da comisión mixta de vixilancia.

Acta.

En Vigo, o 26 de setembro de 2003, reúnese a comisión mixta da vixilancia para rectifica-lo artigo 13º parágrafo segundo do convenio colectivo de traballo para as empresas exportadoras de peixe fresco da provincial de Pontevedra.

Os asistentes por CC.OO., Rosa Pérez Álvarez, Guillermo García Costas e pola CIG, Xosé Lois Díaz Gil, e pola representación empresarial Santiago Montenegro Campos, Sebastián Domínguez Graña e Victorio Acosta Garrido, acordan que debido a unha errónea redacción no seu día do parágrafo segundo do artigo 13º do citado convenio, o texto adecuado que negociaron ámbalas partes sería o seguinte:

Artigo 13º.-Retribucións. Parágrafo segundo. O pagamento dos atrasos correspondentes por aplicación da dita táboa desde primeiro de ano será aobado no mes de agosto de 2003. Para o ano 2003 a táboa salarial incrementarase nun 4% desde primerio de xaneiro segundo queda reflectido na táboa salarial anexa.

Polo tanto rogamos que se xa publicado segundo as partes acordan.