Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 5/1997, da Administración local en Galicia, anúnciase o seguinte:

Edicto de contratación, por concurso urxente, polo procedemento aberto, para a adxudicación da obra de mellora dos tramos urbanos de rede de estradas do Estado no termo municipal de Tui por importe de 1.120.587,06 A incluído IVE e os honorarios de redacción do proxecto.

As proposicións referidas á expresada licitación poderán presentarse nas oficinas deste concello no prazo de trece días naturais, en horario de 9.00 a 14.00 horas, a partir da última publicación do edicto no BOP e DOG, podéndose examinar e obter documentación e información así como o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso. O sábado presentarase de 9.00 a 13.00 . De coincidi-lo último día en festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Tui, 10 de novembro de 2003.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde