Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do PERI da UA 3 Chantada (expediente 8425/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 9 de outubro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o PERI da UA 03 Chantada, asinado polos arquitectos A. Davila, E. Filgueira, C. Jiménez, L. Meijide e J. Cordeiro, con memoria e planos visados polo COAG no 1-7-2003 e 9-7-2003 (expediente 8425/411).

Segundo.-Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e en dous xornais dos de maior circulación na provincial, neste último caso en dous días consecutivos. Notifíquese o contido íntegro deste acordo a tódolos propietarios do ámbito. Solicítise

informe do departamento de estradas da CPTOPV e da oficina municipal de patrimonio histórico. Notifíquese tamén ás entidades concesionarios Aqualia e Unión Fenosa.

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 20 de outubro de 2003.

Mauricio Ruíz Ceniceros

Concelleiro de Urbanismo