Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a adquisición, mediante subministración sucesiva, de combustible de calefacción, gasóleo C, destinado ós colexios públicos do municipio.

A subministración realizarase a granel, por transvase do medio de transporte utilizado polo subministrador ós depósitos de almacenamento do concello.

Tipo de licitación: non se fixa un orzamento inicial, estimándose esta contratación de contía indeterminada, tanto polo variación de prezos como pola dos consumos a que se atopa sometida.

Prazo de execución: establécese un prazo de duración do contrato de dous anos, prorrogable por mutuo acordo das partes e formalizado de forma expresa cun mínimo dun mes de antelación ó remate do prazo de vixencia, ata un máximo total de catro anos.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9.00 e as 14.00 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación e información: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Tfno.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 18 do prego de condicións económico-administrativas.

Garantía provisional: os licitadores deberán constituír unha garantía provisional pola cantidade de 1.500 euros.

Garantía definitiva: ascende á cantidade de 3.000 euros.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 10.00 horas, o segundo día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde