Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2003 pola que se anuncia a poxa que se cita.

Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto o alleamento, mediante poxa por procedemento aberto, do 68,55% da parcela R.8.4 do polígono B do SUNP-6 de San Lázaro.

Orzamento de licitación: o prezo mínimo da parcela obxecto de alleamento, que se entende como tipo de licitación, é de 315.208,85 euros, IVE incluído.

Neste prezo non están incluídos os gastos de urbanización, que serán por conta do adxudicatario nas condicións establecidas no prego de cláusulas económico-administrativas que rexe esta contratación.

O tipo de licitación enténdese como mínimo, debendo realizarse as ofertas á alza.

Proposicións: lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán ser presentadas no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horario de 9.00 a 14.00 horas, no prazo de de vinteseis días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Fianza provisional: 2% do tipo de licitación: 6.304,18 euros.

Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello (Secretaría) ás 10.00 horas, o segundo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das proposicións. De coincidir en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Teléfono e fax: 981 59 33 85.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde