Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.
Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto o alleamento mediante poxa por procedemento aberto, da parcela número 2 do proxecto de reparcelación do polígono 1 do SUP-2 de Cornes.
Orzamento de licitación: o prezo mínimo da parcela obxecto de alleamento, que se entende como tipo de licitación, é de 823.600 euros, IVE incluído.
O tipo de licitación enténdese como mínimo, debendo realizarse as ofertas á alza.
Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán ser presentadas no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horario das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.
Fianza provisional: 2% do tipo de licitación: 16.472 euros.
Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello (secretaría) ás 10.00 horas, o segundo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das proposicións. De coincidir sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.
Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Tfno.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.
Documentación: Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Tfno. e fax: 981 59 33 85.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.
José A. Sánchez Bugallo
Alcalde