Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.
Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto o alleamento, mediante poxa por procedemento aberto, da parcela número 58-59-60 do proxecto de compensación do polígono 2 do SUNP-28 da Barcia.
Orzamento de licitación: o prezo mínimo da parcela obxecto de alleamento, que se entende como tipo de licitación, é de 103.240 euros, IVE incluído.
Neste prezo non están incluídos os gastos de urbanización, que serán por conta do adxudicatario nas condicións establecidas no prego de cláusulas económico-administrativas que rexe esta contratación.
O tipo de licitación enténdese como mínimo, debendo realizarse as ofertas á alza.
Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán ser presentadas no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horario de 9.00 a 14.00 horas, no prazo de de vinteseis días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.
Fianza provisional: 2% do tipo de licitación: 2.064,80 euros.
Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello (Secretaría) ás 10.00 horas, o segundo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das proposicións. De coincidir en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.
Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.
Documentación: Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Teléfono e fax: 981 59 33 85.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.
José A. Sánchez Bugallo
Alcalde