O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 7-10-2003, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e reaxuste de aliñacións na unidade de actuación norte nº 16 (rúa Camiño de Pipín-rúa das Fontes) do PXOU vixente, promovido por Castañer & Castañer, S.L.
O acordo de aprobación definitiva do citado estudio de detalle foille comunicado á CPTOPV da Xunta de Galicia con data do 4-11-2003, en cumprimento
do establecido no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Lugo, 5 de novembro de 2003.
P.D. (Decreto Alcaldía 56/2003)
José Ramón Gómez Besteiro
Tenente alcalde delegado de área