Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 7-10-2003, acordou aprobar definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación Norte nº 19 (avda. da Coruña) do PXOU vixente, promovido por Castañer & Castañer, S.L.

O acordo de aprobación definitiva do citado PERI, foi comunicado á CPTOPV da Xunta de Galicia con data do 4-11-2003, en cumprimento do establecido no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 5 de novembro de 2003.

P.D. (Decreto alcaldía 56/2003)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área