Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 30 de setembro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para reaxustar aliñacións e ordenar volumes nuns terreos sitos na rúa da Garda Civil, antiga rúa da Calzada, promovido por Framiñán Grupo Inmobiliario, S.L.

Segundo.-Notificarlle este acordo a Framiñán Grupo Inmobiliario, S.L., como promotor do devandito estudio.

Lalón, 22 de outubro de 2003.

Camilo González Bodaño

Concelleiro delegado