Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión de Goberno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 13 de novembro de 2003, os pregos de cláusulas económico-administrativas e de prescricións técnicas para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, expóñense ó público polo prazo de oito días. Simultaneamente, anúnciase concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal: 1. Entidade adxudicadora: Concello de Paderne. 2. Obxecto: contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal. 3. Prazo de entrega e fases de execución: o adxudicatario entregará os traballos a través do rexistro xeral do concello, segundo o plan de fases de execución establecido na cláusula cuarta do prego. 4. Orzamento: 49.858,80 euros. 5. Garantía provisional: 2% do orzamento. 6. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación. 7. Requisitos específicos do contratista: os que figuran na cláusula novena do prego.

8. Proposicións: presentaranse no rexistro do concello dentro do prazo de oito días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP. 9. Documentacións: as proposicións presentaranse en tres sobres denominados: -Sobre A: Oferta económica, conterá a oferta económica principal e as variantes que considere oportunas o licitador, formalizadas conforme o modelo que figura como anexo ó prego de cláusulas. -Sobre B: Documentación xeral, conterá a documentación esixida na cláusula novena do prego. -Sobre C: Referencias técnicas, conterá a documentación acreditativa das referencias técnicas esixidas na cláusula novena do prego. 10. Apertura de plicas: terá lugar ás 13.00 horas do segundo día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións; se coincidise en sábado, será o seguinte día hábil.

Paderne, 13 de novembro de 2003.

César Longo Queijo

Alcalde-presidente