Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos de Ega-Asociación Eólica de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse, o 10 de outubro de 2003, os novos estatutos da Asociación Eólica de Galicia (Ega), nos que se recollen as modificacións aprobadas na asemblea xeral o 29 de xullo de 2003, segundo consta na certificación expedida polo secretario da referida asociación, Íñigo Muniozguren Martínez.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais