Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se notifican as resolucións de dous expedientes sancionadores de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que figuran no anexo á devandita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2003.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Director xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Procedemento sancionador: protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade).

Número de expediente: OU-2002/004.

Interesado: Marcial Álvarez Lamas.

Contido da resolución: multa de 2.000 euros.

Último enderezo coñecido: Nuestra Sra. da Saínza, 26, Ourense.

Procedemento sancionador: protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade).

Número de expediente: OU-2002/007.

Interesado: Dionisio Tejero Silva.

Contido da resolución: multa de 3.005,06 euros e incautación dos animais.

Último enderezo coñecido: rúa das Agudas, 21-23, 6º/3º, 08033 Barcelona.