Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se notifican as resolucións de dous expedientes sancionadores de tenza de animais potencialmente perigosos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que figuran no anexo a devandita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso potestativo de reposición

perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da resolución, ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador: tenza de animais potencialmente perigosos (Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos).

Número de expediente: OU-2002/006.

Interesado: Dionisio Tejero Silva.

Contido da resolución: multa de 3.305,57 euros.

Último enderezo coñecido: rúa das Agudas, 21-23, 6º/3º, 08033 Barcelona.

Procedemento sancionador: tenza de animais potencialmente perigosos (Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos).

Número de expediente: CO-2003/278 (Santiago de Compostela).

Interesada: Sheila Astray Hernández.

Contido da resolución: multa de 2.404,05 euros.

Último enderezo coñecido: rúa de Touro, 16-1º C, Santiago de Compostela (A Coruña).