Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Confederación de Turismo de Galicia (Cotuga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Con

federación de Turismo de Galicia (Cotuga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita confederación as federacións, agrupacións e asociacións do sector turístico de ámbito local, provincial ou rexional.

Asinan a acta de constitución: José Manuel Barbosa Suárez, en representación da Asociación de Empresarios de Hospedaje de la Provincia de Pontevedra (Asehospo), Carlos Rodríguez Cerdeira, en representación da Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra (Feprohos) e da Asociación de Catering y Colectividades de Galicia (Apecchoga), e tres persoas máis en calidade de membros da xunta directiva.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais