Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36280 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. Rúa do Miño, edf. Pedrapiñeira.
Situación: concello de Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV con conductor R.H.V. de 45 m de lonxitude, con orixe no C.T. existente no edf. La Muralla na rúa do Miño e remate no C.T. que se proxecta de 630 kVA R.T. 20 kV/230-420 V, situado no edificio Pedrapiñeira na rúa do Miño de Salvaterra de Miño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 29 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra