Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36280 Vigo.
Denominación: recuamento L.M.T. xeral Salvaterra-Ponteareas PO-403-3º fase.
Situación: concello de Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: recuamento da L.M.T. xeral Salvaterra-Ponteareas, apoios 39 A 60, pola construcción da estrada PO-403, cunha lonxitude de 1.964 m de liña con conductor LA-110 e cambio de localización do C.T. Pesqueiras, de 75 kVA, ó apoio 43. A instalación afecta as parroquias de Fornelos, Lourido e Pesqueiras, do concello de Salvaterra de Miño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 29 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra