Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/608-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36280 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T., C.T., R.B.T. O Casco-Fornelos.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor LA-56 de 25 m de lonxitude, con orixe no apoio 5 da L.M.T. a Lourido e remate no C.T. que se proxecta, de 100 kVA R.T. 20 kV/380-220 V, situado no lugar do Casco, parroquia de Fornelos no concello de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 29 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra