Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 30 de outubro de 2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle que ten por obxecto configurar aliñacións, rasantes e ordenación de volumes nun predio na estrada de Castela, promovido por Umbra, 99, S.L. e redactado pola arquitecta Corona Romero Rodríguez.

En cumprimento do que dispón o artigo 86.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo de 20 días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, nun xornal da provincia, así como no taboleiro de edictos do concello. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Unidade de Urbanismo e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determinará automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2º da citada Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Narón, 5 de novembro de 2003.

Xoán Gato Díaz

Alcalde