Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da reparación estructural do vehículo PO-9103-AC propiedade do Concello de Vigo.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parque Móbil. Nº expediente: 16609-240.

2. Obxecto do contrato: descrición: reparación estructural do vehículo PO-9103-AC.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 60 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 39.000 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10.00 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 3 de novembro de 2003.

María Luísa Graña Barcia

Concelleira de Patrimonio