Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle para o establecemento de aliñacións e rasantes na rúa prevista polo Plan Xeral de Ordenación Municipal entre a rúa dos Corzás e a rúa Alta.

O Pleno do Concello, en sesión do día 31 de outubro de 2003, aprobou definitivamente o estudio de detalle para o establecemento de aliñacións e rasantes na rúa prevista polo PXOM entre a rúa dos Corzás e a rúa Alta, redactado polos arquitectos Fernando Casqueiro Barreiro e Javier Vizcaíno Monti, con data de abril de 2002.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase o presente anuncio e remitirase á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia autenticada do expediente e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio.

Mugardos, 6 de novembro de 2003.

Xosé Fernández Barcia

Alcalde