Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Miño, na sesión celebrada o día 15 de outubro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º Aprobar definitivamente o estudio de detalle da rúa Rúa en Miño, presentado pola Sociedad Ponte Baixoi, S.L. e redactado polo arquitecto Corrochano Casares e visado polo COAG o 27-1-2003.

2º Que se lles notifique este acordo ós interesados e que se publique no taboleiro de edictos do concello e no Diario Oficial de Galicia.

Este acordo pon fin á vía administrativa, podéndose interpor contra este, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o órgano que o dictou no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos prazos contados a partir do día seguinte a aquel en que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que se considera pertinente.

O que se publica para o coñecemento xeral e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

Miño, 22 de outubro de 2003.

Juan A. Maceiras Barros

Alcalde