Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Convócase, mediante procedemento aberto, trámite ordinario, o concurso para a adxudicación da obra Mellora rede abastecemento de auga rúa Ponte Dena, conforme o proxecto técnico e as cláusulas administrativas particulares que se consideran parte integrante do contrato.

Obxecto do contrato. É a adxudicación da obra Mellora rede abastecemento de auga rúa Ponte Dena.

Prazo xeral de execución. Fíxase en catro meses desde a data da realización da comprobación do replanteo.

Tipo de licitación. O orzamento total do contrato que servirá de base de lictiación ascende a un total de 63.528,99 euros, IVE incluído.

Capacidade para contratar. Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría C ou a solvencia económica, financeira e técnica nos termos dos artigos 16 e 17 do TRLCAP e non estean afectadas por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para contratar.

Garantías. Provisoria: non se esixe. Definitiva: será do 4% do importe de adxudicación.

O período de garantía fíxase nun ano desde a aprobación da acta de recepción da obra; durante este a conservación das obras será por conta do contratista.

Presentación de proposicións. Lugar e prazo: presentaranse no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 13.30 horas, no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (BOP ou DOG).

Documentación e formalidades. A esixida e segundo as formalidades previstas na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso. Os que figuran na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións. A mesa de contratación reunirase ás 13.00 horas do día hábil seguinte ó da data de remate de presentación de proposicións.

Obtención de documentación e información. No Concello de Meaño, Campo da Feira nº 1, As Covas (Meaño), CP 36968, teléfono: 986 74 71 02, fax: 986 74 73 91.

Gastos de publicación. Serán por conta do adxudicatario o anuncio de licitación.

Tramitación, procedemento e forma. Tramitación: ordinaria, procedemento: aberto, forma: concurso.

Meaño, 21 de outubro de 2003.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde