Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 28 de outubro de 2003 polo que se emprazan os interesados para ser notificados por comparecencia nos expedientes 15/1615/00 (RA-AC 107/02) e 27044/97 (RO-LU 10/98).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación personal por dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo presidente do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante os servicios centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza de Europa, nº 10 A, 2º, (pol. As Fontiñas) de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2003.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15-1615/00 (RA-AC 107/02).

Interesado: Rafael Bernárdez (A A.P.U., S.L.).

Acto notificado: acreditación de representación.

Expediente: 27.044/97 (RO-LU 10/98).

Interesada: María del Carmen Fragoso Gómez (Exclusivas Multicentro, S.L.).

Acto notificado: acreditación de representación.