Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 23 de outubro de 2003 polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia no expediente 15-4544/02.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo delegado provincial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luis Seoane, s/n (edificio aministrativo Monelos, 2º andar, ala norte), da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 23 de outubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15-4544/02.

Interesado: Grupo Goncasse, S.L.

CIF: B15549322.

Acto notificado: resolución.