De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente sancionador nº 27066/2003, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa, 10 A-2º-2ª, Edificio Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes contado a partir do seguinte día da notificación. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091). Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:
a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
Expediente: 27066/2003.
Inculpado: Diego Fernández Fernández.
Enderezo: rúa Arcadio Pardiñas, nº 46-entl. C de Burela (Lugo).
Sanción: 6.000 euros (dúas sancións de 3.000 A cada unha).
Motivo: irregularidades compra venda máquina limpeza.
Data resolución: 22-10-2003.
Lugo, 27 de outubro de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo