-Obra: reforma do centro de saúde das Covas-Meaño (Pontevedra).
-Orzamento da contrata: 135.070,10 A.
-Prazo de execución: 6 meses.
-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría c.
-Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
-Forma de tramitación: urxente.
-Variantes ó proxecto: non se admiten.
Exposición de proxectos:
Os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Investimentos (Copinino, r/ Xeneral Pardiñas, 2, teléfono 981 58 89 38) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas.
Solvencia económica, financeira e técnica:
Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de presentación de proposicións:
Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade /Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores:
-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 5.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.
-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 5.4 do prego de cláusulas administrativas.
-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 5.4 do prego de cláusulas administrativas.
Criterios de adxudicación:
Os definidos na cláusula 6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este concurso.
Apertura de proposicións:
Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Anuncios:
Os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2003.
P.D. (Decreto 45/2002, do 8 de febreiro)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos