Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador por infracción en materia de xogo OU-8/2003.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que a continuación se menciona, á que non se lle puido noti

ficar por correo certificado, o acordo de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo:

Número de expediente: OU-8/2003.

Nome: Nicolás Alfredo Sande Alonso.

NIF: 33237824.

Precepto infrinxido: 30 c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Último domicilio: r/ Torreira Vista Alegre 51-1º A, Santiago de Compostela (A Coruña).

Sanción: apercibimento.

Desígnase instructor do expediente a xefa do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rosa María Novoa Vega, e secretario o xefe da Sección de Xustiza, Administración Local e Xogo, Felipe Leal Álvarez, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, sita na avda. da Habana, 79-2º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 agosto.

No caso no que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos a sanción como de apercibimento.

Será competente para resolve-lo expediente sancionador o director xeral de Interior e Protección Civil, en virtude do disposto nos artigos 12.3º e 134.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 31 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, cando a sanción consista en apercibimento.

Ourense, 4 de novembro de 2003.

Marisol Díaz Mouteira

Delegada provincial de Ourense