Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de caza número OU-2003/0012.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a devandita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2003.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Director xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Procedemento sancionador: caza (Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia).

Número de expediente: OU-2003/0012.

Interesado: Saturnino Lorenzo González.

Contido da resolución: multa de 601,02 euros e retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.

Último enderezo coñecido: Damil. 32635 Xinzo de Limia (Ourense).