Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.232

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (106/2002-H).

Eu, Juan Francisco Riobó Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión, fago saber que neste xulgado se segue o procedemento de referencia por instancia de Carmen Bugallo Blanco, María Bugallo Blanco, Francisco Santiago e María José Bugallo Silva e Elvira Delfina Blanco Pérez, nos que se dictou resolución do teor literal seguinte:

«Auto.

En Corcubión o 8 de outubro de 2003.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data 13-5-2002 o procurador Ángel García Lijó presentou, actuando en representación de Carmen Bugallo Blanco, María Bugallo Blanco, Francisco Santiago Bugallo Blanco Silva, María José Bugallo Silva e Elvira Delfina Blanco Pérez, escrito no que solicita o nomeamento dun contador-partidor dativo do herdo de Cándida Pérez Pérez. No escrito expoñía que Cándida faleceu o 11-5-1966 en estado de viúva de Francisco Blanco Castiñeira sen ter outurgado testamento; que por medio de acta notarial de 13-9-1995 ante o notario de Vimianzo Federico José Cantero Núñez, co número de protocolo 1995, foron declarado herdeiros ab intestato dela os seus fillos Manuela, Elvira Delfina e Francisco Arturo Blanco Pérez, así como o seu neto Ramón Blanco Antelo. Que Francisco Arturo Blanco Pérez faleceu o 20-3-1967 e por auto de 15-1-1996, dictado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión foron declarados herdeiros ab intestato do indicado Francisco Arturo as súas

irmás Manuela e Elvira Delfina Blanco Pérez e o seu sobriño Ramón Blanco Antelo, as primeiras por cabezas e o segundo por estirpe. Que Manuela Blanco Antelo faleceu o 21-11-1999 baixo testamento aberto outorgado perante o notario Manuel Landeiro Aller o día 1-9-1994, no que instituíu herdeiros os seus fillos Francisco, Carmen e María Bugallo Blanco; e que Francisco Bugallo Blanco faleceu o 22-7-1999 deixando os dous fillos, declarados os seus únicos e universais herdeiros por acta de declaración de herdeiros outorgado ante o notario de Negreira Manuel María Romeo Neira con data 22-2-1999 con número de protocolo 1332. Resulta así que os herdeiros de Manuela Blanco Pérez, eras as súas fillas Carmen e María Bugallo Blanco, así como os seus netos Francisco Santiago e María José Bugallo Silva, as dúas primeiras por cabezas e os dous últimos por estirpes. Que Ramón Blanco Antelo, neto da causante, se encontraba en ignorado domicilio ou paradoiro. Despois de expoñe-los restantes feitos e os

fundamentos de dereito que entendeu de aplicación, alegando que os poderdantes representaban

polo menos o cincuenta por cento do caudal hereditario, terminou suplicando que se procedese á designación dun contador-partidor dativo e que, unha vez aceptado e xurado o cargo practicada a partición, fose aprobada xudicialmente, agás confirmación expresa de tódolos herdeiros e legatarios, ordenando a súa protocolización notarial.

Segundo.-Unha vez admitida a trámite a solicitude leváronse a cabo dilixencias de localización do domicilio ou paradoiro de Ramón Blanco Antelo e, ante o infructuoso delas, foi citado por edictos á dilixencia de nomeamento de contador-partidor dos bens hereditarios, cargo que, en xunta celebrada inicialmente o 4-10-2002, recaeu sobre o letrado dos promoventes, Óscar Rodríguez Insua, se ben, ante a falta de publicación do anuncio da convocatoria da xunta no DOG, se levou a cabo novamente o acto de nomeamento de contador-partidor dativo o 23-4-2003.

Terceiro.-Unha vez aceptado o cargo, o letrado nomeado, Óscar Rodríguez Insua, presentou o caderno particional, coas operacións divisorias do caudal relicto, mediante escrito selado o 14-7-2003, dándose traslado ás partes para que no prazo de dez días formulasen oposición ó mesmo, podendo examinalo na secretaría do xulgado durante o dito prazo. Unha vez transcorrido o prazo indicado sen que se formulase oposición ó caderno particional por parte de ningún dos interesados, remitiuse este ó Ministerio Fiscal para que emitise informe, en defensa do interese e ante a ausencia de Ramón Blanco Antelo, estimando axustada a dereito a adxudicación efectuada a favor deste.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O presente procedemento versa sobre o nomeamento do contador-partidor dativo respecto da causante Cándida Pérez Pérez, falecida o 11-5-1996, e posterior partición do seu caudal hereditario, pretensións solicitadas por Carmen e María Bugallo Blanco, Francisco Santiago e María José Bugallo Silva e Elvira Delfina Blanco Pérez. Como quedou acreditado pola proba documental achegada, as persoas con dereito ó herdo da causante Cándida Pérez Pérez son os promotores do expediente, antes citados, todos eles maiores de idade, así como Ramón Blanco Antelo, de que se descoñece o paradoiro e que foi convocado por edictos, sendo así que representan a cota legalmente prevista polo artigo 1057 do Código civil para solicita-lo nomeamento do contador-partidor dativo.

Segundo.-As operacións particionais foron levadas a cabo polo contador-partidor nomeado e postas de manifesto na secretaría do xulgado para a eventual oposición que se puidese formular fronte a elas e déuselle traslado delas ó Ministerio Fiscal, para que emitise informe ó respecto, con motivo da ausencia do interesado Ramón Blanco Antelo, facéndoo favorablemente non formulando oposición. Por todo iso, resulta de aplicación o disposto no artigo 787.2º da Lei de axuizametno civil, segundo o cal, transcorrido o prazo de dez días para formular oposicion

ou logo de que os interesados manifestasen a súa conformidade, o tribunal chamará os autos á vista e dictará autor aprobando as operacións divisorias, mandando protocolizalas.

Parte dispositiva.

Francisco Javier Collazo Lugo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión acorda: apróbanse as operacións particionais do herdo de Cándida Pérez Pérez, practicadas polo letrado Óscar Rodríguez Insua en caderno particional de data 18-2-2003, acordándose que se procede á súa protocolización na notaría que corresponda. Unha vez que sexa firme esta resolución, expídase testemuño dela e do caderno particional para o efecto indicado».

E, para que lle sirva de notificación ó interesado Ramón Blanco Antelo, do que se descoñece o domicilio actual, libro e asino este edicto en Corcubión o nove de outubro de dous mil tres.

Juan Francisco Riobó Fernández

Secretario

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE VILAGARCÍA DE AROUSA