Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.233

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EDICTO (248/2003).

Eu, María Belén Rubido de la Torre, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Vilagarcía de Arousa, fago saber por auto deste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Vilagarcía de Arousa de data 11 de outubro de 2003 dictado no xuízo de referencia, declarouse en estado de quebra a Construcciones Eléctricas Teyco, S.L. con domicilio social en Vilagarcía de Arousa, r/ Valladares nº 6, que quedou incapacitado para a administración e disposición dos seus bens, declarándose vencidas tódalas súas débedas a prazo, polo que se prohibe facer pagamentos ou entregar bens o quebrado, debendo verificalo desde agora ó depositario administrador Juan Emilio Serantes Arias e posteriormente, ós sres. síndicos, con apercibimento de non os ter por descargados das súas obrigas e previndo a todas aquelas persoas en poder das cales existan bens pertencentes ó quebrado para que llo manifeste ó sr. comisario Luis Abalo Álvarez entregándolle nota deles, baixo

apercibimento de ser tidos por ocultadores de bens e cómplices do quebrado.

Dado en Vilagarcía de Arousa, vinteún de outubro de dous mil tres.

A xuíza

Rubricado