Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.230

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2003 pola que se declara concluído o procedemento e deserta a praza do corpo de catedráticos de universidade.

Mediante resolución rectoral da Universidade de Vigo, do 20 de novembro de 2001 (BOE do 14 de decembro), convocouse a concurso a praza con referencia 157/2001, pertencente ó corpo de catedráticos de universidade da área de coñecemento de linguaxes e sistemas informáticos, do departamento de Informática.

De conformidade coa proposta formulada pola comisión constituída para resolve-lo concurso, e ó non obte-lo aspirante presentado o número mínimo de votos favorables necesarios para ser proposto para a provisión da praza, segundo establece o artigo 11 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado resolveu declara-la non provisión da praza referenciada do corpo de catedráticos de universidade e concluído o procedemento selectivo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado, perante o mesmo órgano que a dictou.

Neste caso non caberá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 27 de outubro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo