Consonte coa proposta formulada pola comisión nomeada para xulga-lo concurso da praza nº 185/2001, convocado por Resolución do 13 de decembro de 2001 (BOE do 21 de decembro), e unha vez acreditado pola concursante proposta que
reúne os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisca Fariña Rivera, con documento nacional de identidade número 76406236-Y, catedrática de universidade da área de coñecemento de sicoloxía básica, adscrita ó departamento de Análise e Intervención Sicosocioeducativa.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o rector, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 27 de outubro de 2003.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo