Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.223

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2003, do tribunal designado para o efecto para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso a determinadas categorías dos grupos III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición (exame de galego).

Na sesión que tivo lugar o día 29 de outubro de 2003, o tribunal cualificador do proceso selectivo para o acceso ós grupos/categorías III/100 (xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais), IV/32 (operador codificador defensa contra incendios forestais), IV/33 (conductor motobomba defensa contra incendios forestais), IV/37 (oficial 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais), V/10b (vixilante fixo defensa contra incendios forestais), V/10c (emisorista defensa contra incendios forestais), V/14 (peón defensa contra incendios forestais), V/14 A (peón conductor defensa contra incendios forestais), convocado pola Orde do 26 de decembro de 2002 (DOG nº 2, do 3 de xaneiro) e de conformidade co disposto na base VI 2.1º b) da convocatoria reguladora,

ACORDOU:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes para realiza-lo segundo exercicio da fase de oposición para o acceso ás categorías e grupos arriba citados, nun único chamamento o día 29 de novembro de 2003, ás 8 horas e 30 minutos, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Londres do polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

Terceiro.-De acordo co punto 2.1º b) das bases da convocatoria, os aspirantes poden acreditar ata os 5 días antes da realización deste exercicio, ante o tribunal cualificador, estar en posesión do curso de iniciación de lingua galega. Así mesmo estarán exentos de realizar este segundo exercicio da fase de oposición aqueles aspirantes que se presentasen e superasen con apto a realización desta proba nas categorías de celador 2º/vixiante de recursos naturais, capataz de establecemento e peón forestal realizada neste mesmo lugar na data do 19 de setembro de 2003.

No Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, facilitarase a relación de aspirantes que teñan que realizar este exercicio.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2003.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal