Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.222

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de novembro de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001 (DOG nº 238, do 11 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (DOG nº 80, do 25 de abril) para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira, e celebrado o acto previsto na Orde do 30 de outubro de 2003.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,

DISPÓN:

Nomear funcionarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira, ós aspirantes que superaron o proceso selectivo polos sistemas de promoción interna e acceso libre e que se relacionan no anexo

desta orde, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destino definitivo ou provisional, segundo corresponda, o que figura no anexo.

Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

Apelidos e nomeDNICódigoDenominaciónNivelDestinoConcelloProvinciaCarácter

Promoción interna

Berride Ferreira, Santiago Fernando35428855TPE.C03.00.002.15770.016 (*)Sección de vixilancia25D. X. Recursos MariñosSantiago de CompostelaA CoruñaDefinitivo

Acceso libre

Ordas Patiño, Gerardo35419083APE.99.10.010.15510.001 (*)Xefe/a de base20Servic. Protec. de RecursosMuxíaA CoruñaProvisional

Observacións: (*) horario especial