Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 18 de novembro de 2003 Páx. 14.221

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de novembro de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001 (DOG nº 239, do 12 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (DOG nº 80, do 25 de abril) para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira, e celebrado o acto previsto na Orde do 30 de outubro de 2003.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,

DISPÓN:

Nomear funcionarios do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira, os aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de acceso libre e que se relacionan no anexo desta orde, de

acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destino provisional, o que figura no anexo.

Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

Apelidos e nomeDNICódigoDenominaciónNivelDestinoConcelloProvinciaCarácter

Promoción interna

Baliñas Pazos, José Antonio35442755PE.C03.00.002.15770.037 (*)Subinspector/a16Subd. X. Protección de RecursosSantiago de CompostelaA CoruñaProvisional

Acceso libre

Molina Jack, María Eugenia46905949WPE.C99.10.000.15001.097 (*)Subinspector/a16Delegac. territorialA CoruñaA CoruñaProvisional

Escudero Dans, David32835913DPE.C99.10.000.36560.098 (*)Subinspector/a16Delegac. territorialVigoPontevedraProvisional

Piñeiro Pouso, Ramón Javier33274192TPE.C99.10.000.36560.099 (*)Subinspector/a16Delegac. territorialVigoPontevedraProvisional

Observacións: (*) horario especial