Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 17 de novembro de 2003 Páx. 14.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se fai pública a resolución pola que se declara deserto o concurso público convocado para a contratación das obras (incluída a elaboración do proxecto) de adecuación á normativa da instalación contra incendios do edificio antigo dos xulgados de Vigo.

Para os efectos da súa publicidade, o órgano competente da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, resolve declarar deserto, por non teren os licitadores a clasificación requirida na letra G da folla de especificacións do prego de claúsulas administrativas, o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación das obras (incluída a elaboración do proxecto) de adecuación á normativa da instalación contra incendios do edificio antigo dos xulgados de Vigo, convocado no DOG nº 194, do 7 de outubro de 2003.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local